Boas rapaces.
Son Tino, o piloto que participou nas 6 horas de fatima de este ano na moto 45 dende galicia.
Teño unha pregunta que me está a dar moitos dores de cabeza.
Isto é:
Na galicia por regulamento a miña vespa so pode ser modificado o carburador, permanecendo o resto de serie.
Na miña configuración teño o cigueñal con maior apertura, admision modificada e cilindro orixinal de 125cc traballado e mais un carburador oko de 24mm.
Teño moitas dubidas co escape. Agora teño un biturbo, mais o meu mecánico dí que ese escape esta a perxudicar a moto e que necesito outro para sacar o maximo rendemento a miña vespa 125FL.
Pero.... que escape??
Estou en duvidas entre o polini banana, o proma ou o simonini. Destes estapes falaronme muito ben mais non sei que facer posto que non podo perder forza na vespa e gostaría de aproveitar o motor mellor, posto que non podo poñer un cilindro de polini, malossi ou outros.
Espero as vosas respostas e seran muito agradecidas. Así como a recomendación sobre estes escapes ou outros que puidan ser o mellor para a miña vespa
Corremos en circuitos igual de longos que en portugal pero sen ser tan virados.
Vexan os circuitos como son:
https://www.youtube.com/watch?v=-AEgtF4_aL4
https://www.youtube.com/watch?v=EM_sgBR0n7c&feature=mfu_in_order&list=UL
https://www.youtube.com/watch?v=bK3O0Hv8yJ8
https://www.youtube.com/watch?v=obw0KA1sGiU&feature=mfu_in_order&list=UL
Muito agradecido